lunes, 14 de abril de 2008

HOY, 14 DE ABRIL, ESTEVO CREUS A LAS SEIS DE LA TARDE.

OBRADOIRO DE LINGUAXE POÉTICA E MANOFACTURA

(Estevo Creus Andrade)

Introducción

O obradoiro que aquí presentamos parte do suposto da existencia dunha linguaxe ou millor, dunha metalinguaxe que estaría nas bases de toda creación artística e que sería o elemento unificador dos distintos eidos da creación. Falamos pois, de “ollada” ou “posicionamento poético” (linguaxe poética) que logo vehiculizarase e transformarase en función do medio elexido (vídeoimaxe., pintura, música, poesía,etc.) e por suposto, da linguaxe e restriccións propias de cada un deles .

Neste obradoiro pretendemos traballar a poesía dun xeito molar, dende o desenvolvemento da creatividade artística (posicionamento ou metalinguaxes) pasando pola construcción poética escrita (poesía ) así como polos seus distintos eidos: poesía da experiencia, poesía do coñecimento, poesía e humor, etc.

obxetivos

Serían 3 os obxetivos fundamentais deste obradoiro:

  1. Estimular a capacidade creativa dos alumnos/as
  2. poñer en relación os distintos eidos artísticos e abrir as posibilidades de posicionamentos para a escrita (construcción poética ao traveso da imaxe, da música, etc.)
  3. fornecer e potenciar nos alumnos/as as capacidades para a construcción poética nos distintos ámbitos e estilos da escrita.

Programa

O Obradoiro desenvolverase en 3 sesións de 3 hora de duración. As sesións sempre serán de carácter lúdico e participativo e en todas elas se traballarán os seguintes aspectos:

  1. estimulación sensorial/conceptual
  2. metalinguaxes
  3. xeitos e formas de construcción poética escrita (recursos poéticos: metáforas, ritmo,etc)
  4. Construcción individual/colectiva e recitado

secuencia

Aínda que todos estes aspectos estarán traballandose continuamente , cada sesión fará máis fincapé nalgun deles:

Primeira sesión. Metalinguaxxe. Título: “Un ollo para unha teoría óptica”

Segunda sesión. A construcción poética. Título:”a palabra é un andamio para a palabra andamio”

Terceira sesión. Poéticas diversas. Facer poesía ou desfacérmena?

Material requerido:

Televisor e lector de dvd se é posible. *Non imprescindible.


Datos biográficos do autor

Estevo Creus (Cee,1971), foi membro fundador da editorial de poesía Letras de Cal e do grupo de teatro Talía. Como poeta ten publicados os seguintes libros: Poemas da Cidade Oculta. Edicións xerais de Galicia (1996) Areados. .Premio Miguel González Garcés da Deputación de A Coruña. Diputación de A Coruña (1996) Teoría do Lugar. Premio Eusebio Lorenzo Baleirón (1998). Edicións de O Castro (1999) O Libro dos Cans. Versión en disquet de Retagarda Edicións (2000) Decrúa. premio de poesía Fiz Vergara Vilariño Edicións Espiral Mayor. (2003) Facer merzbau. Non Ou edicións (2007). Tamén ten publicados os relatos: E a catro patas quilómetros. Premios Pedrón de Ouro. Edicións do Castro (1994) Alguen Matou a Bambi. Recollido en “Historia da Pusilaminidade e catro contos máis”.Casa da Xuventude de Ourense (1996) e realizado artigos e colaboracións en revistas como “O Monografías” , “Dorrna”,etc. No ámbito das artes plásticas destaca o seu poemario experimentall “O libro dos cans” (versión en disquete e papel) onde se mistura a poesía coa pintura e a construcción de máquinas, así como a súa participación no proxecto de poesía visual “Translítera”.