miércoles, 18 de marzo de 2009

maria do cebreiro



Ella sera nuestra alma este lunes. El alma de nuestras voces, su mirada sera la piel del mundo. Leerla sera descubrir otra cara del poliedro encarnado de la vida.

BANCO MUNDIAL

Voaban as gaivotas coma cisnes
xantando a carne pobre.
No penúltimo canto, absenta,
avutres dun océano xeado
que xa non precisaba beber todo o seu sal.
Cadáveres ardentes, doedes ata as uñas,
esquecidos aínda de morrer.

Olla as pombas de vidro non soprado
polas rúas de Xénova.
Pero o soldado acaba de matar
o seu irmán xemelgo,
o que despois de morto se transforma
no seu irmán maior.

Pasaban por enriba aqueles tanques,
unha (outra vez) pasaron
o rapaz sospeitou dos seus verdugos
xusto antes de pensar:
“os meus verdugos”.
Os carros de combate
crebáronlle os talóns de cristal de murano.

Os seus pés tiñan ás e enmudeceron
a madeira luída da súa voz
(nunca o espiñeiro albar
viu branquear as follas contra a fin).

E no control remoto, verbum erat.
Dirixir a distancia equivale a matar.
Hai quen renuncia, logo, a unir índice e chaga
na pistola dun xesto: tampouco quixen eu
levalos cara as tempas do teu irmán pequeno
sen pasar polo tanque.

O tanque, eran os tanques
descosendo a túa sombra:
puideron rematarte pero unha alma
comeza a repartirse entre mil corpos.

Unha canción de berce
amenceu feita un prego cabo da túa poza:
“o corazón do tempo moverase por ti”.

E nos eixos as rodas separaban
a chuvia do teu sol.

BANCO MUNDIAL

Planean las gaviotas como cisnes
comiéndose la carne de los pobres.
En el último canto, como absenta
buitres de un mar helado
que no necesitaba beber toda la sal.
Y los pobres cadáveres ardientes
duelen hasta las uñas,
olvidados incluso de morirse.

Pasaban las palomas de vidrio no soplado
por las calles de Génova.
Pero el soldado acaba de matar
a su hermano gemelo,
al que después de muerto se convierte
en su hermano mayor.

Pasaron por encima aquellos tanques,
una (otra vez) pasaron:
el joven sospechó de sus verdugos
justo antes de pensar: “son mis verdugos”.

Los carros de combate
quebraron sus talones de cristal.
Las alas de sus pies enmudecían
la madera lijada de su voz
(nunca el espino albar
vio blanquear sus hojas hasta el fin).

En el control remoto, verbum erat.
Dirigir a distancia equivale a matar.
Algunos renunciamos a juntar llaga e índice
en el arma de un gesto: llevarlos a la sien
de tu hermano pequeño sin pasar por el tanque.

El tanque, eran los tanques
descosiendo tu sombra: lo rematan y un alma
empieza a repartirse entre mil cuerpos.

Nuestra canción de cuna
amaneció doblada a los pies de su charco:
“el corazón del tiempo se moverá por ti”.

En los ejes, las ruedas separaban
la lluvia de tu sol.