de catro a catro
BALADA DO PAILEBOTE BRANCO
BALADA DO PAILEBOTE BRANCO
ESCOITABAMOS o vento
ríndose malévolo
debaixo do seu disfraz
E tamén contou o barco
a hestoria do piloto
a do gavieiro e a do rapaz
Vós xa sabedes todo
Eso que din as estampas
do libro de Simbad
Pero el contounos o resto
"Estreaba o horizonte
unha largacía audaz"...
O barco foi percorrendo
as cicatrices sentimentaes
que lle deixaron vellos navegantes
E os adeuses que leva na vela
gravados por miradas
tristes definitivas e distantes
Un día fíxose ao mar
ca parola ceifada nos beizos
E xa nunca volveu
Agora eu busco un vello mariñeiro
ou unha historia do pailebote branco
ou calquer cousa ...
que sei eu?
Escoitábamos o vento
ríndose malévolo
debaixo do seu disfraz
Pero a hestoria do pailebote branco
non a sabía o piloto
nin o gavieiro
nin o rapaz.
ESCOITABAMOS o vento
ríndose malévolo
debaixo do seu disfraz
E tamén contou o barco
a hestoria do piloto
a do gavieiro e a do rapaz
Vós xa sabedes todo
Eso que din as estampas
do libro de Simbad
Pero el contounos o resto
"Estreaba o horizonte
unha largacía audaz"...
O barco foi percorrendo
as cicatrices sentimentaes
que lle deixaron vellos navegantes
E os adeuses que leva na vela
gravados por miradas
tristes definitivas e distantes
Un día fíxose ao mar
ca parola ceifada nos beizos
E xa nunca volveu
Agora eu busco un vello mariñeiro
ou unha historia do pailebote branco
ou calquer cousa ...
que sei eu?
Escoitábamos o vento
ríndose malévolo
debaixo do seu disfraz
Pero a hestoria do pailebote branco
non a sabía o piloto
nin o gavieiro
nin o rapaz.