Viviamos nunha casa abeirada ó atlántico
ti coleccionabas postais de viaxes
e eu era
coma un corazón enfermo
un paseo solitario
polas nubes.
E ó lonxe
berraba un tigre
porque todo era silencio.
Areados
Logo, voltaba á casa.
Un tigre azul esperábame contigo, e ós
poucos, iámolo soterrando de vagar,
entre canción e canción, entre baile e
baile; deitándolle a area nos ollos e nas
patas, esperando a que medrasen
mapoulas entre os dentes ou a que caese
enfermo de tanta marea sen chuvia.
poucos, iámolo soterrando de vagar,
entre canción e canción, entre baile e
baile; deitándolle a area nos ollos e nas
patas, esperando a que medrasen
mapoulas entre os dentes ou a que caese
enfermo de tanta marea sen chuvia.
SOMOS
COMA DOUS NENOS TRISTES
NO MEDIO DAS ORTIGAS
ATRAPANDO CASCARRUBIAS E SALTÓNS
DETRÁS DAS PERSIANAS
MENTRES TODOS DORMEN
NA VENTÁ DA CASA
ATRAPANDO CASCARRUBIAS E SALTÓNS
COS OLLOS PECHADOS
ONDE CASE QUE É IMPOSIBLE
QUE SE REFLICTA A LÚA.
|