O Club de Poesía da Biblioteca Central da praza de España recuperou a actividade esta temporada cun incremento de participantes, ao redor de trinta inscritos. A iniciativa, coordinada e dirixida por Karlotti e Guillermo Ferrández, desenvolveu onte unha lectura de textos inéditos da poeta Chus Pato (Ourense, 1955). A escritora, que estivo hai dúas temporadas no taller falando da súa obra, enviou varios textos inéditos para os lectores ferroláns que en breve estarán publicados no libro “Leviatán”.
A propósito do traballo coa obra desta escritora, Guillermo Ferrández destacou que “estamos ante unha poeta do pensamento, unha escritora comprometida coa palabra. Unha voz para quen a poesía é unha maneira de vivir e de estar no mundo. A súa é unha visión que vai do marxismo ao simbolismo. Ademais, interesounos o feito de que e súa creación foi á vangarda da nova xeración de poetas galegas que, como Olga Novo ou María do Cebreiro, están creando unha obra tan potente”